A edición de 2017 da Maker Faire Galicia reúne este ano o primeiro Campionato de Baile Urbano «AllStyles Battle» que se celebrará Domingo 26 de novembro a partir das 16:00 h. ás 20:00 h. na Cidade da Cultura de Galicia. Un torneo no que participarán bailaríns do mundo urbano que competirán nun formato de 3 contra 3 (HipHop, Breakdance, Funky, Poppin, New Style...).
*Rexistro gratuíto en info@vellaescola.com enviando a seguinte información: Nome e alcume, Cidade.
- MODALIDADE3 contra 3
- PREMIOS1.º Premio: 200 € | 2.º Premio: Lote de Roupa.
- XURADO: Chiscrow (Vigo) | Dii Feeling (Vigo) | Anxo Flava (Pontevedra)
- DJ: Mil (Santiago de Compostela)
- ORADORES: Davbeatbox | Harlin

