O vindeiro sábado 9 de outubro instalaremos un Skate Park Móbil en Santiago de Compostela (Parque das Cancelas) onde organizamos diferentes competicións, exhibicións e obradoiros de Skate, Roller, Scooter e BMX (horario de 16:00 a 21:00)
Proxecto enmarcado no programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, producido por Vella Escola coa colaboración do Concello de Santiago.
#Skate #Roller #Scooter #BMX #SobreRodas #Xuventude #IniciativaXove #CulturaUrbana #Galicia

