O programa “QUEROeco – Murais Colaboracións Antipolución” estará en 8 concellos da provincia grazas a unha subvención da Deputación da Coruña.
Este proxecto consistirá na creación de 8 murais de temática ambiental en diferentes concellos da provincia da Coruña. O calendario será o seguinte:
- 15 XULLO – Noia
- 16 de setembro – Rianxo
- 21 DE SETEMBRO – Santiago de Compostela
- 18 de outubro – Noia
- 1 de decembro – Curtis
- 06 DECEMBRO – Santiago de Compostela
- 19 DE DECEMBRO – Santiago de Compostela
- 20 de decembro – Lousame
O programa «QUEROeco Murais Colaboracións Antipolución» está subvencionado pola Deputación da Coruña e forma parte da convocatoria de programas de subvencións para entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2025.

