Dende Vella Escola presentamos o "PROXECTO SURIGAM – Cultura Urbana + Discapacidade" que lanzaremos a próxima semana, ou os días 29 e 30 de setembro en Santiago de Compostela, dende o ISve (Intervención Social de Vella Escola) ou o noso departamento especializado.
Este proxecto quere achegar a Cultura Urbana e o Hip Hop á sociedade a través de experiencias innovadoras. Nesta ocasión diriximos as actividades (BREAKDANCE, GRAFFITI, PARKOUR, TURNTABLISM DJ e BEATBOX) a nenas e nenos con síndrome de Down e persoas con discapacidade visual ou cegueira.
Este programa está subvencionado polo programa de axudas a iniciativas xuvenís «Iniciativa Xove 2016» da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Xunta de Galicia).
Tamén debemos destacar a colaboración do Concello de Santiago, que nos cede un espazo axeitado e seguro para levar a cabo a actividade.
Tamén agradecemos ás asociacións culturais e deportivas especializadas que achegan a súa experiencia profesional a esta iniciativa (North Element, Black Box Project, BreakInclán), e por suposto ás entidades participantes (Down Compostela, ONCE, Cruz Vermella Santiago e Misela) por participar neste proxecto.
CULTURA URBANA PARA TODOS!!!
#ProxectoSurigam #VellaEscola #UrbanCultura #IniciativaXove2016 #IniciativaXove #xuventude #SantiagodeCompostela #Noia #ONCE #Síndrome de Down #Discapacidade #Breakdance #PParkour #Beatbox #Turntablism #Dj #Frafti

