O novo programa "FALAMOS? Rap e Saúde Mental" que puxemos en marcha durante o último trimestre de 2024 abrangue 11 concellos da provincia da Coruña e conta con 300 nenas e nenos.
Este proxecto consistiu en 12 sesións de obradoiros participativos de rap, faladoirs e mesas de debate baseadas en temas relacionados coas emocións e a saúde mental, dirixidas a persoas e realizadas entre os meses de setembro e decembro de 2024 nas seguintes localizacións:
- 19 DE SETEMBRO – CPI Bembibre (Val do Dubra)
- 29 OUTUBRO – IES N1 (Ribeira)
- 04 DE NOVEMBRO – Conservatorio Profesional de Santiago
- 08 NOVEMBRO – CPI Cernadas de Castro (Lousame)
- 11 DE NOVEMBRO – IES Miraflores (Oleiros)
- 12 DE NOVEMBRO – IES A Sardiñeira (A Coruña)
- 21 DE NOVEMBRO – IGAXES (Santiago)
- 25 DE NOVEMBRO – IES de Arzúa (Arzúa)
- 27 DE NOVEMBRO – IES Ames (Ames)
- 05 DECEMBRO – IES A Cachada (Boiro)
- 12 DE DECEMBRO – Espazo Xove de Noia (Noia)
- 20 DE DECEMBRO – IES Fin do Camiño (Fisterra)
Aquí amosamos o vídeo promocional do proxecto:
O programa “FALAMOS? Rap e Saúde Mental” está subvencionado pola Deputación da Coruña e enmarcado na convocatoria de programas de subvencións para entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2024 (FO203).

