Este ano, Vella Escola produce dous dos mellores eventos nas rúas de Galicia, a «Cambre Jam» que terá lugar o 27 de xuño no SkatePark de Cambre, e estamos a crear un novo formato que repartirá ata 300 € en premios para os mellores trucos (Best Trick) de BMX, Skate, Scooter e Roller.
Ademáis do campionato teremos exhibicións a cargo de profesionais destas disciplinas con Bomba H (Roller), Adrián Lemos (Scooter), Iván R. (Skate) e Pajarito (BMX).
En horario de mañá teremos pista aberta para ir quentando motores e pola tarde o evento terá lugar entre as 17:00 e as 21:00 horas.

