O pasado sábado 1 de xuño tivo lugar en Lugo a Vella Escola 2vs2 Battles 2013, un campionato de Breakdance por parellas no que participaron numerosos competidores de diferentes puntos de Galicia e outras comunidades. A competición ten lugar dentro da 6ª edición do Festival Internacional Style Fighters, un evento que reúne cada ano aos mellores artistas de grafiti a nivel nacional e mesmo internacional.

