A terceira edición do festival de Cultura Urbana «Sinte O Flow» terá lugar o 10 de marzo en Xullo no Parque de Santa Margarita da Coruña.
Pola mañá ensinaremos Beatbox, Breakdance, Parkour e traballos de DJ e pola tarde montaremos os nosos Skate Parks móbiles (Mini Ramp) para reunirnos sobre rodas e Parkour para o campionato de Speed Contest.
Tamén teremos unha competición de Baile Urbano «AllStyles» en modalidade 1vs1 con 2 categorías, unha absoluta e outra sub14.
Finalmente, ao longo do día teremos exhibicións de grafitis e espectáculos de Flat Land BMX e Freestyle Football.

