III BREAKER JUMP en Porto do Son ou 7 de Xullo!!!

Sen categoría

O próximo sábado 7 de xullo os da Vella Escola levamos a Cultura Urbana á terceira edición do Rompetiño Jump que terá lugar no peirao de Porto do Son.

ALLSTYLES 2vs2

Non faltarán as batallas de danzas urbanas «AllStyle Battles» no Rompetiño…para elo, celebraremos o campionato «Breakin The Beat» onde as bailarinas e bailaríns de Breakdance, Hip Hop ou Poppin poderán participar por parellas para batallar polo primeiro posto nesta terceira edición do festival.

A parella ganadora das batallas do próximo sábado terá unha destas medallas tan feshhhhcas…pero hai máis premios…

  • 1°) 200€ + Trofeo + RP Clothes + Gafas de Sol
  • 2°) 100€ + Trofeo + RP Clothes
  • 3°) 50€ + Trofeo + RP Clothes

MOSTRA DE GRAFFITI

Tampouco faltará a cor nesta edición do Rompetiño Jump, xa que contaremos cunha mostra temática de Graffiti na contorna do festival.

PARKOUR PARK

Para @s que queiran saltar, teremos o noso parque móbil de Parkour e un profesional que impartirá un obradoiro de iniciación a esta disciplina urbana.

MÁIS COUSAS…

  • Descenso urbano BMX
  • Skate
  • Batallas de Galos
  • Concertos
  • E moito máis…

Palabras clave:

AllStyle, Batallas, breakdance, breakin the beat, Cultura urbana, festival, graffiti, Parkour, Parkour Park, Porto do Son, Rompetiño Jump, Vella Escola

Compartir en:

Copyright © Vella Escola Cultura Urbana 2026. Todos os dereitos reservados.