Función de OPERA BREAK o 8 de novembro en Lousame!!!

Sen categoría

O domingo 8 de novembro de 2020 presentamos na Casa da Cultura de Lousame "Ópera Break's", un espectáculo que mestura Ópera, Breakdance e DJ nunha actuación única de gran calidade artística que xorde da conexión da soprano Esperanza Mara (Emanarte) e os artistas urbanos do colectivo Vella Escola (Dj Mil e os bailaríns Retrokid, Bboy Serlli e Pol Rock).

Este proxecto forma parte do programa da Consellería de Cultura e Turismo (Secretaría Xeral de Política Lingüística) denominado "Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021" creado por riba do Plan de Reactivación para os sectores culturais e turísticos en resposta aos efectos derivados da COVID-19.

A ópera está ligada a un estereotipo elitista, inaccesible, reservado para uns poucos e sobre todo vinculado a espazos reservados, fundamentalmente aos teatros. A cultura urbana, aquela dirixida á cidade, libre de regras, transgresora, que se cultiva nos suburbios e que se desenvolve sen conexión con nada.

Contamos unha historia a través da expresión musical e corporal. Rompemos as barreiras entre o clásico e o urbano, fusionándonos nun espectáculo multidisciplinar onde o inimaxinable pode acontecer... Atréveste a liberar a túa mente de preconceptos?

 

Palabras clave:

a cultura segue, Arte urbana, pausa, breakdance, Breaking, cultura segura, Cultura urbana, DJ, DJ Mil, Emanarte, Galicia, Lousame, o teu xacobeo, Ópera, Pausas de ópera, espectáculo, Vella Escola

Compartir en:

Copyright © Vella Escola Cultura Urbana 2026. Todos os dereitos reservados.