CULTURA URBANA para a Normalización Lingüística!!!

Sen categoría

A semana pasada os da Vella Escola presentamos o noso proxecto de Dinamización da Lingua Galega aos XX Encontros Para a Normalización Lingüística que tiveron lugar en Santiago de Compostela os días 12,13 e 14 de Abril na sede do Consello da Cultura Galega.

Nesta ocasión deseñamos unha infografía sobre novas metodoloxías para dinamizar a lingua galega entre a mocidade a través do ocio, concretamente mediante a Cultura Urbana.

Desde a nosa entidade traballamos con obradoiros de Rap en Galego e o Graffiti como ferramentas de dinamización entre outras, porque o Hip Hop e a Cultura Urbana son boas alternativas para a dinamización da Lingua Galega entre a mocidade.

A continuación compartimos a infografía que deseñamos para os encontros deste ano.

Infografía – Cultura Urbana para a Normalización Lingüística

Palabras clave:

consello da cultura, Cultura urbana, revitalización lingüística, encontros para a normalización, galego, hip-hop, normalización lingüística, Vella Escola

Compartir en:

Copyright © Vella Escola Cultura Urbana 2026. Todos os dereitos reservados.