Comeza a ESCOLA DE SKATE en Santiago de Compostela!!

Sen categoría
Comezamos coa Escola de Skate en Santiago de Compostela. As clases impartiranse tódolos venres en horario de 18 a 19:30 no SkatePark situado na Praza do Parlamento. Esta actividade terá unha duración de 4 meses (xuño, xullo, setembro e outubro), é de balde, e vai dirixida a mozos e mozas que desexen iniciarse na práctica do Skate, ou perfeccionar a súa técnica.
Para formalizar a rexistro é preciso enviar un correo electrónico a info@vellaescola.com cos seguintes datos: teléfono de contacto, nome e apelidos das persoas que se queren apuntar nas clases.

Palabras clave:

clases, clases de skateboarding, Cultura urbana, curso, escola, Galicia, Obradoiro, patinar, patinete, Santiago de Compostela, skate, monopatín, parque de patinaxe, taller, Vella Escola

Compartir en:

Copyright © Vella Escola Cultura Urbana 2026. Todos os dereitos reservados.