Final da Liga Xunta Break o 11 de novembro en Santiago!

Novas
A Liga Xunta de Galicia de Break conclúe a súa terceira edición o 11 de novembro en Santiago de Compostela.

 

A liga de Break celebrará o seu evento final no centro comercial Área Central en Santiago de Compostela en horario de 17.00 a 21.00 horas. Este evento marca o peche dunha exitosa terceira edición, que percorreu dez localidades galegas e contou coa participación de máis dun centenar de bailaríns de toda Galicia nas súas diferentes edicións.

 

Este circuíto desenvólvese baixo a dirección do colectivo Vella Escola, encargado da produción, coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e da Secretaría Xeral para o Deporte.

 

A competición, que consta de tres categorías (iniciación, intermedio e avanzado) e dous formatos de competición (individual e parella), demostrou ser un éxito, atraendo a un gran número de novos talentos do breaking de toda a comunidade entre os que destacan dous actuais campións de España, David Amor (Neda) e Alicia Babarro (Ourense).

 

Os participantes desta edición demostraron un incrible nivel durante as xornadas anteriores e espérase que o evento final celebrado na capital de Galicia sexa o máis emocionante ata a data, xa que dará a coñecer o top 3 da clasificación galega en cada unha das categorías.

 

A Liga Xunta de Galicia de Break é máis que unha competición; en cada evento organízanse talleres formativos dirixidos ao público novo, promovendo o crecemento desta disciplina de proxección olímpica en Galicia e funcionando como unha plataforma de encontro habitual para a mocidade da nosa comunidade.

 

O breaking fará o seu debut como deporte olímpico o próximo verán nos Xogos Olímpicos de París 2024 o que seguro dará lugar a unha expansión desta disciplina por todo o mundo. Neste sentido, a Liga Xunta de Galicia de Break ofrece aos breakers e a todo o equipo de xuíces, Djs e técnicos que conforman o Staff do circuíto, unha valiosa oportunidade para gañar experiencia en competición e prepararse para futuras oportunidades no escenario nacional e internacional.

 

XURADO

  • Serlli (Santiago)
  • Lúa (Vigo)
  • Chiscrow (Vigo)

 

HOST

  • Norte (Vigo)

 

DJ´S

  • DJ Mil (Santiago)
  • DJ Gabry Massa (Vigo)

 

 

CARTEL

 

Palabras clave :

2023, área central, bboying, breakdance, Breaking, centro comercial, Cultura Urbana Galicia, Da Rúa, danza, deporte, dj, Final, hip hop, Liga de break, liga de breakdance, liga galega, liga Xunta break, obradoiros, olímpico, santiago de compostela, Vella Escola, Xunta de Galicia

Compartir en :

Copyright © Vella Escola Cultura Urbana 2026. Todos los derechos reservados.