>  Uncategorized   >  Festival FRESHQUIÑO JAM o 18 de Agosto en As Pontes!!!
O sábado 18 de Agosto chega a As Pontes a segunda edición do festival de Cultura Urbana «Freshquiño Jam».

O festival terá lugar na Praza da Lembranza (A Casilla) situada a carón do lago, en horario de 12:00 a 24:00.

A programación abre as primeiras horas do día con ampla variedade de actividades participarivas; desde obradoiros de Parkour, Dj, Beatbox e personalización de gorras trucker, ata competicións de Skate e Danzas Urbanas (AllStyles 2vs2).

O festival tamén contará coa instalación dun Parkour Park móbil e SkatePark para uso libre, ademáis dun espazo disposto de equipo de son para Micro Libre e outro espazo con Muro Libre.

No tocante aos shows, o festival contará con diferentes exhibicións profesionais de Breakdance (Break Inclán), Roller (Bomba H) e Graffiti.

Para pechar a xornada contarase cun concerto de Rap do grupo santiagués Comando Katana e unha sesión de música con Dj Mil.

PREMIOS

Competición Skate «Street Contest»
  • 1° Posto: 150€
  • 2° Posto: 100€
  • 3° Posto: 50€
Competición Danzas Urbanas «AllStyle Battle 2vs2»
  • 1° Posto: 200€
  • 2° Posto: 100€
  • 3° Posto: 50€

*Inscrición de balde enviado os datos persoais (nome, apelidos, dni, e data de nacemento) a info@vellaescola.com co asunto «Inscrición Skate/Danza Freshquiño Jam».

Data límite para inscribirse: aberta ata o propio día do evento 18 de Agosto antes das 15:00 horas.