Esta fin de semana comeza a “Cultura Urbana On Tour”, un ciclo de obradoiros itinerantes de graffiti, parkour, rap e cap paint impartidos por Vella Escola, dirixidos a nenas e nenos de 8 a 16 anos, aberto a todas as familias pero con prioridade de acceso a #familiasmonoparentais.
Esta iniciativa utiliza a Cultura Urbana como ferramenta para sensibilizar a cativos e cativas sobre a corresponsabilidade, a igualdade e a diversidade.
Conezamos o sábado 28 de outubro no Concello de Negreira e o domingo 29 estaremos en Noia. Nas vindeiras semanas de novembro pasaremos tamén por Lalín, Viveiro, Monforte de Lemos, Vilalba, Tomiño, Verín, Xinzo de Limia e Melide.
Info e inscricións:
https://fagamos.com/actividades/facemos_corresponsabilidade/cultura-urbana-on-tour/
“Cultura Urbana On Tour” é unha actividade desenvolta na actuación “Currunchiños de Conciliación” do proxecto #FacemosCorresponsabilidade2023 no marco do #PlanCorresponsables coa financiación do Ministerio de Igualdade e a través da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. Igualdade en Galicia
#fagamos #conciliación #corresponsables #igualdade #diversidade #VellaEscola #CulturaUrbana #Galicia