A semana pasada os da Vella Escola achegámonos a Noia para darlle cor ao Centro de Día da Asociación Misela, mediante un obradoiro impartido por O Ras, que estivo aberto á participación.
A actividade está enmarcada no “Proxecto SURIGAM – Cultura Urbana + Discapacidade”, proxecto subvencionado polo programa de axudas “Iniciativa Xove 2016” da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Xunta de Galicia).