>  Novas   >  Novo Programa Rap e Saúde Mental subvencionado pola Deputación da Coruña!!!

Desde Vella Escola presentamos o novo programa denominado “FALAMOS? Rap e Saúde Mental” consistente en talleres participativos de Rap, faladoiros e mesas de debate dirixidas á mocidade.

Este programa está subvencionado pola Deputación da Coruña enmarcado na convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2024 (FO203).

Este programa desenvolverase entre os meses de setembro e decembro de 2024 en centros educativos (últimos cursos de primaria, toda a ESO e bacharelato) e centros xuvenís e culturais públicos en diferentes municipios da provincia da Coruña.

 

Os contidos do programa serán os seguintes:

 

TALLERES DE RAP

 

Duración por sesión: 2 horas
Número máximo de participantes: 30
Idades dos/as participantes: 10 a 18 anos.

Contidos do taller de rap:

  • Faladoiro para introdución do programa “FALAMOS? – Rap e Saúde Mental”
  • Técnicas de escritura creativa e comprensión do ritmo
  • Técnicas e recursos literarios e poéticos para a creación de versos (rimas)
  • Traballo de creación de letras de rap en equipo (desenvolvemento das temáticas e busca de conceptos)
  • Dinámicas de grupo para a creatividade e a improvisación (trabalinguas, xogos de palabras…)
  • Elaboración conxunta dun tema de rap de contido social relacionado coas emocións e a saúde mental

 

 

FALADOIROS

 

Duración por sesión: 1 hora
Número máximo de participantes: 50
Idades dos/as participantes: 12 a 30 anos.
Estes tres conceptos son a base dos contidos dos faladoiros e das mesas de debate:

  • RESPECTO – A presenza e a empatía. Escoitar e escoitarse, sendo consciente de onde e con quen se está.
  • ACTITUDE – Como e desde onde afrontamos a realidade. Como actuamos ante a contorna, superar limitacións, linguaxe non verbal, forza interior.
  • FLOW – A nosa identidade. Descubrir e aceptar ou desenvolver as nosas habilidades e peculiaridades ao rapear, recoñecer a nosa unicidade e singularidade como un valor positivo e único que debemos aproveitar para expresar como nos sentimos e o que pensamos dun xeito natural e tamén intelixente.

 

 

ACTIVIDADE SUBVENCIONADA POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA