O pasado venres 15 de Maio Vella Escola abriu a tempada de verán por todo o alto, organizando unha Xornada de Cultura Urbana que acolleu diferentes actividades dirixidas a todos os públicos.
- Campionato de Breakdance 2vs2
- Obradoiros de Breakdance, Personalización de Gorras e Turntablism DJ.
- Show de Maxia
- Concerto “Rap a Golpe de Beatbox”
- Exhibicións de Graffiti sobre film transparente “Cellograffiti”, Turntablism DJ “Scratching”, e Batalla de Exhibición de Breakdance por Equipos.
Todo isto acompañados pola música que nos brindou o DJ compostelán DJ Cro, e dinamizado polo Speaker Davbeat.
Esta é a primeira de moitas festas xuvenís que Vella Escola traerá durante o verán a diferentes municipios galegos.