>  Novas   >  Do 10 ao 18 de maio montamos a Urban Week no C.C. Artea (Bizkaia)

Do 10 ao 18 de maio montamos a URBAN WEEK no Centro Comercial Artea (Bizkaia), 9 días nos que ARTEA será a sede dun evento cheo de espectáculos, exhibicións, música e moita cultura urbana.

O venres 10 de maio estreamos un evento diferente e no que poderás gozar como nunca da cultura urbana. Durante máis dunha semana contaremos, en diferentes localizacións dentro do centro comercial, con actividades, talleres, competicións e exhibicións relacionados co mundo urbano cun total de 4 zonas para gozar da cultura urbana.

Na zona Pumptrack poderedes atopar un circuíto especial con acceso libre* para gozar en bicicleta BMX, monopatín, patíns, patinete. Ademais, tanto o venres 10 como o venres 17 de maio contaremos con competicións cronometradas.

 

 

Ademais do uso libre de todas as zonas durante os 9 días da URBAN WEEK, contaremos con talleres artísticos, musicais e deportivos, campionatos e exhibicións para que a experiencia durante estes días sexa total. Para participar en calquera das actividades dirixidas, será IMPRESCINDIBLE realizar unha inscrición previa. Será unha inscrición DE BALDE e realizarase única e exclusivamente no centro comercial.

INSCRICIÓNS: A partir do mércores 8 de maio no propio centro comercial.

 

PROGRAMA