>  Uncategorized   >  Dinamizando a lingua e a lectura co Graffiti en Meaño!!!

A semana pasada, os da Vella Escola estivemos en Meaño impartindo un obradoiro de Graffiti ao alumnado de 6° curso do CEIP As Covas – Meaño.

A actividade estivo enmarcada dentro dun programa de fomento da lectura e consistiu en decorar un barquiño que bautizamos co nome «Mar De Libros», con diferentes referencias a verbas do país, refráns, chistes, poemas, cantares e ilustracións…

O barco está situado no patio do colexio e converteuse nun punto de lectura para @s cativ@s e que dispón de diferentes ferramentas; brúxula, veleta… e ata un «diario de a bordo» no que ir apuntando a información atmosférica e os libros que se van lendo.

Moi boa iniciativa do centro educativo para fomentar aptitudes creativas e actitudes positivas cara a lectura!!!