>  Uncategorized   >  Cultura Urbana en Ribadeo na Semana Santa!!!

Cultura Urbana en Ribadeo na Semana Santa!!!

 

A Concellería de Mocidade de Ribadeo ofrece para a mocidade unhas xornadas deportivas de Cultura Urbana. Serán os días 29,30 e 31 de marzo de 16.00 a 20.00 h no parque de san Francisco.

Os rapaces e rapazas poderán disfrutar dun Skate Park, obradoiros de Breaking e unha pista de Street Football con obradoiros impartidos por Vella Escola.

 

Para cumprir o protocolo sanitario, o control de aforo e poder participar nas actividades é preciso inscribirse na Omix. A inscrición estará aberta do 22 ao 26 de marzo, na Casa da Xuventude: Antonio Otero,15 e no teléfono 982129889

 

LUNS 29

  • 16:00 a 20:00 SkatePark Móvil para uso libre
  • 17:00 a 17:30 Obradoiro de iniciación ao Skate
  • 18:00 a 18:30 Obradoiro de iniciación ao Skate
  • 19:00 a 19:30 Obradoiro de iniciación ao Skate

 

MARTES 30

  • 16:00 a 20:00 SkatePark Móvil para uso libre
  • 16:00 a 20:00 Pista de Baile para uso libre (fóra dos horarios de taller)
  • 17:00 a 17:30 Obradoiro de iniciación ao Skate e Breakdance
  • 18:00 a 18:30 Obradoiro de iniciación ao Skate e Breakdance
  • 19:00 a 19:30 Obradoiro de iniciación ao Skate e Breakdance

 

MÉRCORES 31

  • 16:00 a 20:00 SkatePark Móvil para uso libre
  • 16:00 a 20:00 Pista de Freestyle Football para uso libre (fóra dos horarios de taller)
  • 17:00 a 17:30 Obradoiro de iniciación ao Skate e Freestyle Football
  • 18:00 a 18:30 Obradoiro de iniciación ao Skate e Freestyle Football
  • 19:00 a 19:30 Obradoiro de iniciación ao Skate e Freestyle Football

 

Máis información en: https://mocidade.ribadeo.org