>  Uncategorized   >  CULTURA URBANA con Vella Escola no C.C. ODEÓN (Narón)!!!

Este ano os da Vella Escola encargámonos de que non vos falte a Cultura Urbana durante as vacacións de Semana Santa. Nesta ocasión entre os días 24 e 28 de Marzo, voltamos a Narón ao Centro Comercial Dolce Vita Odeón.

O programa é amplo e diverso, con diferentes obradoiros participativos dirixidos á xuventude: Parkour, Breakdance, Graffiti, Beatbox, Turntablism Dj e Personalización de Gorras.

As actividades son de balde pero con prazas limitadas!!

PROGRAMA

Sábado 24 Marzo

11:00 a 13:00 Escola de Breakdance

18:00 a 20:00 Obradoiro de Beatbox

Luns 26 Marzo

11:00 a 13:00 Escola de Parkour

18:00 a 20:00 Obradoiro de Graffiti

Martes 27 Marzo

11:00 a 13:00 Escola de Parkour

18:00 a 20:00 Obradoiro de Turntablism Dj

Mércores 28 Marzo

11:00 a 13:00 Escola de Breakdance

18:00 a 20:00 Obradoiro de Personalización de Gorras Trucker

20:00 a 20:30 Show de Breakdance