>  Uncategorized   >  Concurso de Graffiti en A Estrada o 29 de xuño!!!

O domingo 29 de xuño, en horario de 09:30 a 22:00 horas, terá lugar nos andenes da estación de autobuses de A Estrada o 1º Concurso de Graffiti «GRAFFITI JAM», cun premio de 300€ ao primeiro posto. A data límite de inscrición e entrega de bosquexos é o 15 de xuño.

As bases do concurso, xunto coa ficha de inscrición xa están dispoñibles na seguinte ligazón: Bases_1_Concurso_de_Graffiti_A_Estrada.pdf

¿POR QUÉ PARTICIPAR?

Esta actividade coincide coas Festas de San Paio de A Estrada e está enmarcada dentro da programacióndo XFEST, evento que acollerá diferentes actividades como o Skate (con montaxe de módulos e ramplas), concertos (Dj, rock, etc.), concurso de Cupcakes e outras actividades dirixidas aos máis pequenos (xogos de auga, pinturas, etc.). Por outra banda, tamén contaremos cun servizo de venta de bebidas e bocadillos, para que non se diga que se pasa fame. Diversión garantida!!!