>  Uncategorized   >  COMPOSTELA GO HOP!! Cultura Urbana con Vella Escola en Santiago

Este sábado 27 de setembro terá lugar en Santiago de Compostela a festa xuvenil «Compostela Go Hop!!». Esta xornada terá lugar na Praza Roxa de 17:00 a 21:00 horas. O programa consta de diferentes obradoiros e shows de Cultura Urbana (Breakdance, Graffiti, Beatbox, Turntablism Dj, Rap…) impartidos por Vella Escola.

As actividades son de balde e non requiren inscrición previa.