>  Uncategorized   >  Arte’N Rúa no Teatro de Ourense (26 DEC)!!!
O mércores 26 de Decembro imos ao Teatro Principal de Ourense cun impresionante espectáculo enmarcado dentro da MOTI.

Ás 17:00 horas, presentaremos un show de 90 minutos que leva o título de Arte’ n’Rúa: un espectáculo multidisciplinar ambientado na cultura urbana que conta con música, maxia, teatro, danza urbana, beatbox, dj e moitas máis sorpresas.
Estaremos os da Vella Escola compartindo escenario coa Gramola Gominola, o Mago Xacobe, Os Tres Tenedores, Afrobix e Nana’ art.