Actividades de Cultura Urbana en Galicia no CC A Laxe de Vigo

Novas
Actividades Cultura Urbana Vella Escola CC A Laxe de Vigo

Do 8 de setembro ao 6 de outubro os da Vella Escola achegamos actividades de Cultura Urbana e Hip Hop en formato taller ao CC. A Laxe de Vigo (Galicia), abertas a tódolos públicos e totalmente de balde enmarcadas dentro do evento Urban Fest.

 

Se che gusta a Cultura Urbana e o Hip Hop e tes máis de 8 anos poderás participar nos talleres programados achegándotee ao centro comercial e preguntando no punto de información. Podes consultar o calendario de actividades a continuación:

 

 

 

PROGRAMACIÓN:

 

  • Venres 15 de Setembro ás 18:30 h. – Parkour (Idade mínima 10 anos): O parkour é unha disciplina que consiste en desprazarse dun punto a outro o máis fluído posible, usando principalmente as habilidades do corpo humano, o que supón superar obstáculos que se presentan no percorrido tales como muros ou paredes.

 

  • Venres, 22 de Setembro ás 18:30 h. – Rap (Idade mínima 8 anos): No taller de Rap, aprenderemos a escribir e interpretar versos e coñecer as figuras literarias da nosa terra.

 

  • Venres, 29 de Setembro ás 18:30h. – Turntablism DJ (Idade mínima 8 anos): É unha disciplina musical practicada polos DJs de hip-hop, que consiste en manipular manualmente os discos de vinilo sobre o prato de giradiscos para xerar, mediante diferentes técnicas, novos sons e melodías.

 

  • Sábado, 30 de Setembro ás 18:30h. – Tattoo (Idade mínima 12 anos): Penetrarémonos ao mundo do Tattoo para coñecer os diferentes estilos, a maquinaria e utensilios utilizados nesta práctica e as técnicas aplicadas no proceso de tatuar facendo prácticas individuais sen agulla e posteriormente de maneira supervisado con ela sobre unha pel de laranxa.

 

  • Venres, 6 de Outubro ás 18:30h. – Breaking (Idade mínima 8 anos): A práctica de Breaking fomenta o espírito de superación persoal, mellora a autoestima e estimula a creatividade ofrecendo a posibilidade de expresarse libremente a través de movemento.

 

 

MÁIS INFORMACIÓN EN: https://alaxecentrocomercial.es/urban-fest-el-festival-mas-alternativo-de-septiembre-que-no-te-puedes-perder-en-a-laxe/

MÁIS ACTIVIDADES DE CULTURA URBANA EN GALICIA: https://vellaescola.gal/

#ActividadesCulturaUrbanaGalicia

Palabras clave :

a laxe, actividades cultura urbana, breakdance, Breaking, centro comercial, Cultura Urbana Galicia, dj, evento de cultura urbana, hip hop, obradoiros, Parkour, rap, taller de tatuaxe, tattoo, urban fest, Vella Escola, Vigo

Compartir en :

Copyright © Vella Escola Cultura Urbana 2026. Todos los derechos reservados.