A Xunta de Galicia subvenciona o Programa Rap e Saúde Mental!!!

Novas

Desde Vella Escola presentamos unha nova edición do programa “FALAMOS? Rap e Saúde Mental” consistente en talleres participativos de Rap, faladoiros e mesas de debate dirixidas á mocidade.

Esta edición do programa conta coa axuda da Xunta de Galicia a través das subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades a través da Orde do 5 de setembro de 2024 da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Este programa desenvolverase durante 2025 en centros educativos (últimos cursos de primaria, toda a ESO e bacharelato) e centros xuvenís e culturais públicos de diferentes municipios da comunidade autónoma de Galicia.

Os contidos do programa serán os seguintes:

TALLERES DE RAP

Duración por sesión: 2 horas
Número máximo de participantes: 30
Idades dos/as participantes: 10 a 18 anos.

Contidos do taller de rap:

  • Faladoiro para introdución do programa “FALAMOS? – Rap e Saúde Mental”
  • Técnicas de escritura creativa e comprensión do ritmo
  • Técnicas e recursos literarios e poéticos para a creación de versos (rimas)
  • Traballo de creación de letras de rap en equipo (desenvolvemento das temáticas e busca de conceptos)
  • Dinámicas de grupo para a creatividade e a improvisación (trabalinguas, xogos de palabras…)
  • Elaboración conxunta dun tema de rap de contido social relacionado coas emocións e a saúde mental

FALADOIROS

Duración por sesión: 1 hora
Número máximo de participantes: 50
Idades dos/as participantes: 12 a 30 anos.
Estes tres conceptos son a base dos contidos dos faladoiros e das mesas de debate:

  • RESPECTO – A presenza e a empatía. Escoitar e escoitarse, sendo consciente de onde e con quen se está.
  • ACTITUDE – Como e desde onde afrontamos a realidade. Como actuamos ante a contorna, superar limitacións, linguaxe non verbal, forza interior.
  • FLOW – A nosa identidade. Descubrir e aceptar ou desenvolver as nosas habilidades e peculiaridades ao rapear, recoñecer a nosa unicidade e singularidade como un valor positivo e único que debemos aproveitar para expresar como nos sentimos e o que pensamos dun xeito natural e tamén intelixente.

Palabras clave :

2024, A Coruña, cultura, Cultura Urbana Galicia, Educación, falamos, galicia, hip hop, hiphop, igualdad, igualdade, obradoiros, paz, rap, salud mental, saúde mental, social, Vella Escola, violencia, Xunta de Galicia, xuventude

Compartir en :

Copyright © Vella Escola Cultura Urbana 2026. Todos los derechos reservados.