>  Uncategorized   >  ​I XORNADA DE CULTURA URBANA EN BAIONA

O mércores 17 de agosto achegarémonos a Baiona con Graffiti e Breakdance!!!

A Concellería de Xuventude do Concello de Baiona organiza a unha Xornada de Cultura Urbana adicada especialmente á mocidade para o vindeiro 17 de agosto de 2016.
As actividades darán comezo ás 18:30 h. no Paseo Ribeira, onde os asistentes poderán gozar dunha exhibición de CelloGraffiti, e poderán participar en distintos obradoiros; como o obradoiro de Graffiti e o de Breakdance. As actividades serán dirixidas pola Asociación Vella Escola.

A participación nestas actividades é totalmente de balde.

Máis información e inscricións na OMIX, ou no teléfono 986385925.